Rosas na Costa da Morte

Servicio de Rosas en Xuncos

As rosas son un dos grandes símbolos do amor e da elegancia e en Xuncos Floristería, na Costa da Morte, tratámolas coa dedicación que merecen. Ofrecemos unha ampla variedade de rosas frescas, desde os tradicionais tons vermellos ata cores máis atrevidas, ideais para calquera ocasión especial.

Se buscas rosas de calidade, as nosas composicións están pensadas para emocionar. Desde un ramo de rosas clásicas ata combinacións máis innovadoras, cada arranxo deseñámolo co máximo coidado.

Descubre a nosa selección de rosas e sorprende cun detalle que deixa pegada.

Formulario de reservas

Reserva tu servicio de Rosas en Xuncos

Enche o seguinte formulario para reservar o teu servizo en liña. En canto recibamos o formulario, poñerémonos en contacto contigo. Se precisas un servizo urxente, chámanos ou escríbenos por WhatsApp ao 619 954 911.

Red Wild Roses.jpg
Wedding Bouquet.jpg
FAQ

Preguntas frecuentes

En Floristería Xuncos, queremos que a túa experiencia sexa o máis sinxela e agradable posible. Aquí respondemos algunhas das preguntas máis frecuentes para axudarche a resolver calquera dúbida.

En Floristería Xuncos contamos cunha ampla variedade de flores frescas, plantas ornamentais, flor seca, flor preservada e flores de tea. Tamén dispoñemos de floreiros, macetas e outros artigos decorativos para complementar os teus arranxos.